IDEAS home Printed from https://ideas.repec.org/p/vig/wpaper/1001.html
   My bibliography  Save this paper

Multifuncionalidade do monte e política enerxética: unha oportunidade perdida para o fortalecemento do mundo rural

Author

Listed:
  • Xavier Simón Fernández
  • Damián Copena Rodríguez

Abstract

Alcanzar modelos enerxéticos que promocionen as enerxías limpas tense convertido nun obxectivo desexado por todos os gobernos de cara a reducir tanto o impacto ambiental da produción da enerxía como a dependencia enerxética. No caso de Galiza esta aposta centrouse fundamentalmente na enerxía eólica acadando un nivel de implantación que permitiu situar a Galiza no sexto posto a nivel mundial en termos de produción de enerxía. Outro dos obxectivos perseguidos hoxendía é propiciar estratexias de produción no mundo rural que aproveiten os recursos locais e fixen poboación no campo. Polo tanto, as políticas públicas van encamiñadas a impulsar sociedades nas que se consumen menos combustíbeis fósiles, aló menos por unidade de produto, e nas que o mundo rural recupera actividade socioeconómica. Aínda que a aposta pola eólica obedeceu fundamentalmente a criterios de mellora da sostenibilidade medioambiental, a súa implantación podería levar aparellados outros beneficios relacionados ca actividade económica que se xera ao seu arredor. En particular, podería constituír unha ferramenta que permitira fortalecer o mundo rural no que se asenta e desenvolve esta actividade. Neste traballo preténdese analizar si o proceso de expansión da enerxía eólica en Galiza contribuíu directamente a fortalecer ó mundo rural. As claves para entender o resultado obtido hai que buscalas nas características do modelo normativo galego de fomento da enerxía eólica (entre 1996 e 2008) e no proceso de adquisición dos dereitos e obrigas por parte dos propietarios e promotores. A conclusión á que se chega é que o marco regulador deseñado pola Comunidade Autónoma relegou a un papel secundario ás comunidades rurais perdéndose unha boa oportunidade para fortalecer económica e socialmente a un segmento importante da nosa sociedade. A dinamización do mundo rural galego e a posta en valor dos seus recursos segue a ser un obxectivo político de primeira orde que vai demandar a transferencia de moitos recursos económicos desde os orzamentos públicos. O traballo se estrutura nas seguintes seccións. En primeiro lugar, cuantificarase o éxito da política de fomento da enerxía eólica e a situación do mundo rural a través de diversos indicadores. En segundo lugar, describirase o marco regulador da enerxía eólica en Galiza. A continuación preséntanse as principais fórmulas de vinculación para transferencia de renda entre os promotores e os propietarios das terras. En cuarto lugar, estimaranse os fluxos de ingresos e rendas que se produciron no mundo rural a través do negocio eólico. Finalízase o traballo coas conclusións.

Suggested Citation

  • Xavier Simón Fernández & Damián Copena Rodríguez, 2010. "Multifuncionalidade do monte e política enerxética: unha oportunidade perdida para o fortalecemento do mundo rural," Working Papers 1001, Universidade de Vigo, Departamento de Economía Aplicada.
  • Handle: RePEc:vig:wpaper:1001
    as

    Download full text from publisher

    File URL: https://webx06.webs8.uvigo.es/wp-content/uploads/2023/11/wp1001.pdf
    Download Restriction: no
    ---><---

    More about this item

    Statistics

    Access and download statistics

    Corrections

    All material on this site has been provided by the respective publishers and authors. You can help correct errors and omissions. When requesting a correction, please mention this item's handle: RePEc:vig:wpaper:1001. See general information about how to correct material in RePEc.

    If you have authored this item and are not yet registered with RePEc, we encourage you to do it here. This allows to link your profile to this item. It also allows you to accept potential citations to this item that we are uncertain about.

    We have no bibliographic references for this item. You can help adding them by using this form .

    If you know of missing items citing this one, you can help us creating those links by adding the relevant references in the same way as above, for each refering item. If you are a registered author of this item, you may also want to check the "citations" tab in your RePEc Author Service profile, as there may be some citations waiting for confirmation.

    For technical questions regarding this item, or to correct its authors, title, abstract, bibliographic or download information, contact: Departamento de Economía Aplicada (email available below). General contact details of provider: https://edirc.repec.org/data/deviges.html .

    Please note that corrections may take a couple of weeks to filter through the various RePEc services.

    IDEAS is a RePEc service. RePEc uses bibliographic data supplied by the respective publishers.