IDEAS home Printed from https://ideas.repec.org/a/sdo/regaec/v27y2018i2_12.html
   My bibliography  Save this article

A Aptitude Do Solo Na Avaliación De Terras Para A Planificación Territorial

Author

Listed:
  • DIAZ MANSO, Jose Marcial
  • SANTE RIVEIRA, Ines
  • NIETO ZAS, Encarnacion

Abstract

: O Plan Territorial Integrado da bacía hidrográfica do río Eume (PTI do Eume) contempla entre os seus obxectivos protexer o medioambiente e favorecer a actividade económica con criterios de sustentabilidade promovendo un equilibrio territorial entre as súas compoñentes agrícola, gandeira, forestal, natural, hidrolóxica e paisaxística. Ademais ten como vocación a de servir de base documental e cartográfica para os Plans xerais de ordenación municipal (PXOM). Para apoiar este cometido, e como soporte na toma de decisións neste PTI, faise preciso un achegamento cartográfico a aptitude do solo desde o punto de vista agroforestal. Trátase polo tanto de caracterizar o solo en función da súa vocación ou capacidade de acollida dos diferentes usos e actividades co fin de avaliala desde unha perspectiva funcional focalizada na eficiencia na utilización da terra e na sustentabilidade territorial. Nesta aproximación metodolóxica en primeiro lugar analizouse a dispoñibilidade e calidade da información cartográfica necesaria para caracterizar os distintos factores que afectan á aptitude ou capacidade produtiva do solo (pendente, altitude, profundidade, ...) para as actividades agroforestais implantadas na bacía. Como resultado desta análise determinándose que con 12 factores sería posible acometer a tipificación da aptitude do solo para as actividades ou usos da terra que actividades ou usos da terra que se sintetizáronse en 7 categorías ou clases: cultivos de horta, cultivos forraxeiros, pastos permanentes, tres zonas forestais produtivas cuxas especies índice son : pinus radiata e eucalyptus globulus, pinus pinaster e eucalyptus nitens e pinus sylvestris e pseudotsuga, e una sétima zona forestal de función protectora con cobertura de bosque autóctono e mato. A continuación definiuse un modelo de avaliación baseado no desenvolto pola Food and Agriculture Organization (FAO) no ano 1976, A Framework for Land Evaluation, para asignar a cada unidade territorial unha destas 7 categorías ou clases de terra obtidas a partir da tipificación dos 12 factores máis relevantes que condicionan a aptitude do solo na bacía do río Eume. Esta tipificación cartográfica da aptitude agroforestal ademais de empregarse como indicador da eficiencia na utilización do solo, (comparándoa cas dinámicas das coberturas do solo reflectidas en series cartográficas como o Sistema de información de ocupación del suelo de España (SIOSE)), empregouse para elaborar un modelo territorial composto por tres áreas de ordenación integral que segmentarán o territorio da bacía co obxectivo de facer unha ordenación e regulación “ad doc” dos usos e actividades máis acordes a aptitude do solo co fin de optimizar a eficiencia do uso desde unha perspectiva territorial e sostible.

Suggested Citation

  • DIAZ MANSO, Jose Marcial & SANTE RIVEIRA, Ines & NIETO ZAS, Encarnacion, 2018. "A Aptitude Do Solo Na Avaliación De Terras Para A Planificación Territorial," Revista Galega de Economía, University of Santiago de Compostela. Faculty of Economics and Business., vol. 27(2), pages 155-174.
  • Handle: RePEc:sdo:regaec:v:27:y:2018:i:2_12
    as

    Download full text from publisher

    File URL: https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/5665
    Download Restriction: no
    ---><---

    More about this item

    Statistics

    Access and download statistics

    Corrections

    All material on this site has been provided by the respective publishers and authors. You can help correct errors and omissions. When requesting a correction, please mention this item's handle: RePEc:sdo:regaec:v:27:y:2018:i:2_12. See general information about how to correct material in RePEc.

    If you have authored this item and are not yet registered with RePEc, we encourage you to do it here. This allows to link your profile to this item. It also allows you to accept potential citations to this item that we are uncertain about.

    We have no bibliographic references for this item. You can help adding them by using this form .

    If you know of missing items citing this one, you can help us creating those links by adding the relevant references in the same way as above, for each refering item. If you are a registered author of this item, you may also want to check the "citations" tab in your RePEc Author Service profile, as there may be some citations waiting for confirmation.

    For technical questions regarding this item, or to correct its authors, title, abstract, bibliographic or download information, contact: Marisa Chas-Amil (email available below). General contact details of provider: https://edirc.repec.org/data/feusces.html .

    Please note that corrections may take a couple of weeks to filter through the various RePEc services.

    IDEAS is a RePEc service. RePEc uses bibliographic data supplied by the respective publishers.